top of page
MAV_2990.jpg
MAV_2990.jpg

bio

Iago Fernández é un baterista que toca e compón como se estivese a escribir poesía. Non sorprende que o galego sexa chamado "drum poet" (poeta da batería), especialmente porque escribe poemas e pinta mundos visuais coloridos, para além da sua premiada destreza coa batería. Nesta manifestación artística, Fernández explora o seu eu interior e lida coa esencia da súa psique. Un acto de equilibrio entre o sol e o océano, claro e escuro, igualmente audible nas composicións do residente en Suiza. O seu espectro vai do jazz a Radiohead e da música clásica á música popular galega, portuguesa e brasileira, gravada en seis álbums con colaboradores como Mark Turner, Yumi Ito, Joris Roelofs, Reinier Elizarde "El Negrón", Enrique Oliver, André Fernandes, Demian Cabaud, Xan Campos e Wilfried Wilde, entre outros. 

Dende moi novo, o músico natural de Cangas ten actuado regularmente en festivais e clubes de América, Asia, África e toda Europa, especialmente en España, Portugal, Suiza e Alemaña. Compartiu escenario con artistas como Avishai Cohen (trompeta), Lionel Loueke, Perico Sambeat, Jesse van Ruller, Jorge Rossy, Steve Nelson e moitos outros. A Fernández tamén se lle pode escoitar en máis de 50 discos, seis deles ao seu nome: "Agromando" (2011), "Acougo" (2015), "Brisa" (2016), "Acougo Live" (2020), "Luzada" (2022) e "Suite Natural" (2024). Outros proxectos actuais son Yumi Ito, WIZ, Iannis Obiols, Xan Campos, Fernando Brox Quintet, Álvaro Ocón e Martin Theurillat, entre outros.

bottom of page